domingo, 15 de decembro de 2013

Esquimotaxe



Cando escoitei esta palabra por primeira vez 
non neguei a miña ignorancia sobre o seu significado. Aclarado que era unha técnica de autorecuperación da posición normal de navegación, en relación o Kayak Polo, voltear rotando 180º baixo o auga e volver a posición aerobia sen saír da embarcación.Por iso cheguei a conclusión que a simbioses home-piragua-mar é o que atrapa na práctica deste xogo.






O Kayak-Polo é un deporte  de balón xogado na auga no que participan dous equipos de 5 xogadores  cada un deles uniformado con casco con reixas, chalecos da mesma cor, piragua con cubrebañeiras e pala. Cada partido consta de dous períodos de dez minutos. A area de xogo debe ter unhas dimensións de aproximadamente 35x20 metros. As porterías están suspendidas no aire a unha altura de 2 metros e a profundidade mínima debe ser de 90 centímetros. 




 É un xogo que combina o manexo do balón coa dificultade engadida de desprazarse nunha piragua. Ademais é un deporte moi espectacular e agresivo xa que é permitido o contacto entre as embarcacións e incluso tirar aos opoñentes ao auga cando están en posesión do balón. 




 O Kayak Polo é un deporte competitivo, divertido e relativamente moderno. Aínda que xa se xogaba en Gran Bretaña nos principios dos anos 60, en Galicia este deporte e novo pois a súa práctica oficialmente iniciuse fai catro ou cinco anos.




    No Concello de Poio non hai piscina cuberta polo que en Combarro practícase o Kayak Polo nunha superficie de auga mariña, isto carrexa algúns problemas técnicos e unha maior necesidade de axudas por parte das institucións para facer posible a continuidade da práctica deste emocionante deporte.