A raña ou liña dos polbos é unha das artes de pesca máis antigas de Galicia. Meu avó facías cunha
galla de pau na que se amarraban dúas
picas e unha pedra e sobre esta prendía o isco que consistía nun cangrexo, un peixe ou ambos.
O mariñeiro, coñecedor do medio onde viven os
polbos, achega o seu bote axudándose das marcas ata o mar de fondos areosos na periferia das laxes, onde
se refuxian nas chamadas coveiras ou cuncheiras que eles mesmos constrúen con
cunchas de moluscos e restos de crustáceos. Lanza as rañas ao mar e sostén unha
en cada man mentres voga amodo bordeando a laxe.
Nos anos 70, coincidindo co auxe do turismo e as melloras de conservación e transporte do peixe, está arte de pesca foi mudada por outra moito menos tradicional pero máis produtiva, a nasa dos polbos que son unha modificación da nasa das nécoras utilizadas dende os anos cincuenta, onde a porta circular de entrada da trampa e de plástico e máis longo para evitar que os cefalópodos escapen de dentro da trampa. Actualmente a nasa é a responsable do 93% do polbo capturado.
Cando o polbo pousase sobre a raña, habilmente detecta ese
cambio no peso da raña e no momento preciso recolle a liña. Axudándose cun
bicheiro mete o polbo a bordo e fíreo de morte cortándolle entre os ollos cun
coitelo.
Nos anos 70, coincidindo co auxe do turismo e as melloras de conservación e transporte do peixe, está arte de pesca foi mudada por outra moito menos tradicional pero máis produtiva, a nasa dos polbos que son unha modificación da nasa das nécoras utilizadas dende os anos cincuenta, onde a porta circular de entrada da trampa e de plástico e máis longo para evitar que os cefalópodos escapen de dentro da trampa. Actualmente a nasa é a responsable do 93% do polbo capturado.
A Xulio ensinoulle a pescar polbos
o seu pai e tamén o dito que anuncia mentres lanza a raña con forza ao mar " Vaite con Deus e vente cun
polbo". Dito e feito.
Ningún comentario:
Publicar un comentario