domingo, 15 de decembro de 2013

Esquimotaxe



Cando escoitei esta palabra por primeira vez 
non neguei a miña ignorancia sobre o seu significado. Aclarado que era unha técnica de autorecuperación da posición normal de navegación, en relación o Kayak Polo, voltear rotando 180º baixo o auga e volver a posición aerobia sen saír da embarcación.Por iso cheguei a conclusión que a simbioses home-piragua-mar é o que atrapa na práctica deste xogo.






O Kayak-Polo é un deporte  de balón xogado na auga no que participan dous equipos de 5 xogadores  cada un deles uniformado con casco con reixas, chalecos da mesma cor, piragua con cubrebañeiras e pala. Cada partido consta de dous períodos de dez minutos. A area de xogo debe ter unhas dimensións de aproximadamente 35x20 metros. As porterías están suspendidas no aire a unha altura de 2 metros e a profundidade mínima debe ser de 90 centímetros. 




 É un xogo que combina o manexo do balón coa dificultade engadida de desprazarse nunha piragua. Ademais é un deporte moi espectacular e agresivo xa que é permitido o contacto entre as embarcacións e incluso tirar aos opoñentes ao auga cando están en posesión do balón. 




 O Kayak Polo é un deporte competitivo, divertido e relativamente moderno. Aínda que xa se xogaba en Gran Bretaña nos principios dos anos 60, en Galicia este deporte e novo pois a súa práctica oficialmente iniciuse fai catro ou cinco anos.




    No Concello de Poio non hai piscina cuberta polo que en Combarro practícase o Kayak Polo nunha superficie de auga mariña, isto carrexa algúns problemas técnicos e unha maior necesidade de axudas por parte das institucións para facer posible a continuidade da práctica deste emocionante deporte.  






xoves, 28 de novembro de 2013

Mestura de cogomelos






Esta fin de semana comemos no Restaurante El Empalme en Rionegro del Puente (Zamora) un menú exclusivamente elaborado con cogomelos.Con caldo de verzas, patacas, fabas, no seu xugo, en revolto ou formando parte da salsa do lombo de cervo. Na sobremesa, variado confeccionados con cogomelos, para meu gusto o máis orixinal da comida.Salvo o boletus pinicula no seu xugo e os a sobremesa, tódolos pratos contiñan mestura de cogomelos, cantidades e texturas diferentes pero sabores dificilmente identificables. Xantar brandido pero cativo.





                                               Mestura de cogomelos con verzas


                                              Patacas con mestura de cogomelos


                                                 Mestura de cogomelos con fabas


   Boletus pinicola


        Revolto de cogomelos mesturados



       Lombo de cervo con salsa doce de castañas 



      Sobremesa de cogomelos

Continuamos camiño non sen antes saudar a Gloria e Elías que son os auténticos meritorios de que o Empalme se manteña como un restaurante tradicional na gastronomía baseada nos cogomelos.









Agaricus arvensis Agaricus bisporusAgaricuscampestrisAgaricusSilvaticus Amanita caesarea Armillaria Mellea Boletus aereus Boletus badius Boletus edulis Boletus granulatus Boletus luteus Cantharellus cibarius Cantharelus tubeiformes Cantharellus lutescens Clitocybe geotropa Clitopilus prunulus Coprinus Comatus Cortinarius violaceus Cantharellus Cornucopioides Fistulina Hepatica Hydnum repandum Hygrophorus limacinus Lactarius deliciosus Lactarius sanguifluus Laetiporus suphureus Langermannia Lepiota proceraLepistaNebularis LepistaNuda Marasmius oreades Morchela esculenta Paxillus atromentosus Pholiota aegerita Pleurotus eryngii Pleurotus ostreatus Ramaria flava Russula cyanoxhanta Russula virescens Tricholoma columbeta Tricholoma georgii Tricholoma nudum Tricholoma terreum Tuber aestivum Tuber melanosporum





luns, 11 de novembro de 2013

Níscalos con nata










Despois da agradable actividade de baixalo lombo e colectar os níscalos, iso si, sempre en silencio para non facerse oír por curiosos desexosos de sufrir unha forte lumbalxia por tal fin.

Levamos para casa a nosa premiada colleita, evitando encontros inoportunos e sen ensinalos por aí, si hoxe presumes de cesto cheo, outros días tes que desculpar o cesto baleiro.




 Unha vez na cociña presentase a faena de limpalos e lavalos de restos de terra e outros substratos, tarefa ingrata a facer erguido contra a parede e coas mans baixo a auga fria.




Nunha tarteira botamos unha chisca de aceite de oliva e escaldamos os iscalos ata que se consuma toda a auga acumulada neles. Eu a isto chamámoslle "cogomelos base". A partires deste momento elaboramos  doadamente a receita.




Na mesma tarteira ou nunha tixola, dependendo da cantidade, poñemos dúas culleres de aceite e unha de manteiga ou( tulipán mr tulipán e sofritimos unhas láminas de allo e uns cachiños de xamón ou panceta. Engadimos os cogomelos base, sal, pementa moída e  douscentos mililitros nata de cociñar, refogamos e feito.





Ao servir botámoslle perexil picado por riba. ! Sinxelo e saboroso !

sábado, 2 de novembro de 2013

Unha mañá con Xulio

         A raña ou liña dos polbos é unha  das artes de pesca  máis antigas de Galicia. Meu avó facías cunha galla de pau  na que se amarraban dúas picas e unha pedra e sobre esta prendía o isco que consistía  nun cangrexo, un peixe ou ambos.





O mariñeiro, coñecedor do medio onde viven os polbos, achega o seu bote axudándose das marcas ata o mar de  fondos areosos na periferia das laxes, onde se refuxian nas chamadas coveiras ou cuncheiras que eles mesmos constrúen con cunchas de moluscos e restos de crustáceos. Lanza as rañas ao mar e sostén unha en cada man mentres voga amodo bordeando a laxe.







Cando o polbo pousase sobre a raña, habilmente detecta ese cambio no peso da raña e no momento preciso recolle a liña. Axudándose cun bicheiro mete o polbo a bordo e fíreo de morte cortándolle entre os ollos cun coitelo.




Nos anos 70, coincidindo co auxe do turismo e as melloras de conservación e transporte do peixe, está arte de pesca foi mudada por outra moito menos tradicional pero máis produtiva, a nasa dos polbos que son unha modificación da nasa das nécoras utilizadas dende os anos cincuenta, onde a porta circular de entrada da trampa e de plástico e máis longo para evitar que os cefalópodos escapen de dentro da trampa. Actualmente a nasa é a responsable do 93% do polbo capturado.




A Xulio ensinoulle a pescar polbos o seu pai e  tamén o dito que anuncia mentres lanza a raña con forza ao mar " Vaite con Deus e vente cun polbo".   Dito e feito.